31 de março de 2011

EN CAMIÑO... A ILUSIÓN VAI POR DIANTE!

Non acougas! E cómo vas facelo se ainda non sabes que é o que te vai facer máis feliz? Máis feliz?, qué afortunada!! Aaaiii, non empeces co rollo flaxelante de que es unha muller afortunada. É qué?, non es culpable de nacer onde naciches. Ise é o problema... Cómo convivir cunha mesma, cómo dicirlle que non a Magdalena... Máis si ela faite feliz, ou máis feliz? ainda non estás segura. Pero cómo convivir co que viviches, como tragalo sin que o eructes de continuo. Angola, Etiopía, Haití... Estiveches alí... Non podes pechar os ollos e facer cómo si non existiran, como si todas as experiencias vividas fóran só un  soño. Son xente, coma ti, existen, e sufren... Canta inxustiza, canta raiba, canta impotencia!! Cómo non vas intentar facer algo? Ainda que algúns digan que non serve, menos é a nada. O silencio mata. O silencio faite cómplice. Os brazos cruzados tamén matan.. aos demáis... e a ti.

Así que hoxe Magdalena está feliz, sobretodo ilusionada. E pon as mellores galas. Hai tempo que ten añoranza da felicidade que lle produce unha mochila ás costas, na procura doutras xentes, outras paixases, outras culturas...Ten sede de aprender, de ver, de ulir, de sentir, aire novo que encha os pulmóns, calor no corpo, sorriso na alma. Sede de liberdade, de encherse coa pócima da calor humana, de sentirse útil, de gritar: eu quero outro mundo máis xusto! E sobretodo de actuar! De sair da madriguera quente que a adormece. Fuxir desta urna de cristal cada vez máis ficticia que nos montamos nesta parte do mundo, e que tanto fede a egoismo e a tristeza.

Polo de agora é só unha ilusión, con probabilidade de facerse realidade.

Fingers crossed!

2 comentários:

Bolboreteira disse...

Que ben! Non perdas a ilusión e non deixes de facer todo o necesario para conesguir o que te propós e o final conseguiralo.
Cruzaremos os dedos ainda que non sexa necesario.
Biquiños!!!

Paz Zeltia disse...

síii, eu tamén cruzo os dedos e deséxoche que se che cumplan os desexos,
que sendo eses que amosas,
son uns deseos que se nos cumprirían a todos... os que non somos quen de deixar o sofá quente e mover o cú.