8 de março de 2011

BRINDEMOS...

Virginia Palomeque

Por un reencontro e unha aperta infinita co meu corpo envolta en ti
Polo teu sorriso aberto, sinceiro e cómplice que te fai enrugar as fazulas
Polo movemento das túas cadeiras ao camiñar xunto as miñas
Por un "ti non podes estar sóa" no medio dun baile nas festas da aldea
Polo teu amor polas paisaxes abertas que levan lonxe a mirada
Por unha voda ficticia con amor verdadeiro nun castro que da ao mar
Por un "gústanme as túas superñacaritas"
Por un niño de amor ao carón dun lago, ti, eu, e as vacas 
Pola túa coraxe e a miña admiración na loita polo que crees
Por un ceo estrelado despois dunha treboada na cima da montaña
Por un "ódiote" facéndome o amor
Polo medo ás curuxas que respiran como humanos
Por comezar chorando en Oswiecim e rematar queréndonos nun tren alemán
Polo brilar nos teus ollos cando miras para min
Polos momentos de amor que nos fan sentir ao lembrar


7 comentários:

Virginia Palomeque disse...

Muchas gracias Magdalena por elegir una de mis pinturas para ilustrar tu maravilloso poema.
Felicitaciones por el blog!!!
Virginia Palomeque

Bolboreteira disse...

Fermoso! Puro amor!
Bicos!

Paz Zeltia disse...

Tenro, amoroso.
un texto que me da nostalxia do que non teño.
gústame especialmente a ilustración, porque o abrazo, a aperta, é unha das expresión de amor que eu adoro.
Esa aperta do cuadro é moi fermosa.
Un saúdo para a artista, que vexo que veu agradecerche.

é verdade que as curuxas respiran como as persoas, uff, que iuiu

Folhetim Cultural disse...

Olá gostaria que visita se meu blog que é dedicado a cultura. Espero que goste nele tenho uma coluna poética aos sábados ás 09 da manhã espero poder contar com sua visita.

Sucesso em seu espaço.

Magno Oliveira
Twitter: @oliveirasmagno ou twitter/oliveirasmagno
Telefone: 55 11 61903992
E-mail oliveira_m_silva@hotmail.com

Maribel-bel disse...

Eu tamén quero...brindar, polo mesmo, polo espertar, por sentirse e verse e quererse. Unhos sentires moi fermosos. Unha aperta

Balovega disse...

Bella tarde...

Pasaba por estos lares y al ver la puerta abierta entre a saludarte..

Ha sido un placer leerte.. buen fin de semana

Magdalena Malungo disse...

Brindemos pois... POLO AMOR!