26 de dezembro de 2010

GARGALLADAS

M.M.

"A gargallada é o sol que barre o inverno do rostro humano". Victor Hugo

Por un ano 2011 onde as gargalladas cheguen a tódolos rincóns do Mundo.

21 de dezembro de 2010

TEMPUS FUGIT

Carpe Diem

Morriñenta do pasado. Medrosa e desexosa do futuro. Esqueces o presente.
No pasado atopas os recordos. Priorizar os bós, aprender dos erros, desasirse dos malos. Fuxir da melancolía paralizante.
No presente está o agora, xa!, que se me escapa. A angustia do conformismo (ou a min me angustia) e o aburrimento da rutina diaria, as veces tan gris e envolvente. A loita. O deleite sempre benvido e as veces, o sufrimento. Máis sempre é mellor o sufrimento presente que ser necios sufridores polo feito sen remedio, ou peor ainda, polo futuro... que a saber...
O futuro son os soños, as ilusións, os anhelos e a esperanza.
Eu para ser feliz faría un mix. Ti?

13 de dezembro de 2010

O FUTURO

 
Máis dunha gostaría de ser reaccionaria coma o cangrexo, ainda que Mafalda se enfade


O peor é cando lle entra a angustia vital...sobretodo porque os humanos non podemos camiñar para atrás.

6 de dezembro de 2010

SOEDADES COMPARTIDAS

M.M.

...non son soedades. Soedade na distancia. Soedade nun concerto abarrotado de soedades. Soedade e felicidade? Soedade nos meus pensamentos, que non son quen de compartir. Soedade.... contigo. Soedade....conmigo. Soedade escollida. Soedade fodida. Soedade... sen ti. Soedade, outra vez de visita? Soedade cobarde. Soedade sinceira... ou mentireira. Ríome con ela e téñolle medo porque non me libro dela. Soedade tras fuxida en compañía. Soedade non querida: vaite, fuxe, lisca! Soedade rastreadora dos cheiros da tristeza. Soedade en reflexión. Soedade que te afunde. Soedade en pequenos grolos moooooi espaciados=enerxía renovada. Soedade, depende cando, con quen, onde, por qué????...Soedade: epidemia mundial multifactorial, con medicamento efectivo coñecido non fácilmente accesible. Será un remedio compartila?

1 de dezembro de 2010

SER SEROPOSITIVO

Iso é cousa de outros, ¿cómo me vai tocar a min?
Ningún vento é favorable para quen non sabe onde ir
O que non vou consentir é que alguén me insulte ou me falte ao respecto por iso
Collín complexo porque o digo con demasiada rapidez. Pero é que quero convertilo nunha cousa normal.
Saín fortalecida dende o diagnóstico. Sei que agora podo enfrontarme a moitas cousas.
Si comparto algo tan íntimo como a miña sexualidade ou a miña enfermidade, se o digo con temor estou facilitando o rexeitamento
A visibilidade máis importante é aquela que unha persoa pode dar no seu entorno máis inmediato
Ela ten a idea de que a xente que é seropositiva é o típico de "Philadelphia"
Á sida hai que porlle cara; iso de falar de 40 millóns de persoas non serve
Hai que cambiar a discriminación, o medo, todos os pantasmas que hai, a desinformación
Non podo olvidar a sensación que me produxo ser xulgado por un individuo ao que non coñecía de nada i el a min tampouco
Rexeiteime a min mesmo, moitas veces, non me comunicaba con ninguén
Púxose a tremer e díxome que sí, que era seropositiva. Díxenlle que non pasaba nada
Teño que sentir vergoña por un problema de saúde? Baixa a cara alguén por ter colesterol?
Para min a visibilidade é liberdade, sempre é cando a escollas como unha opción.