6 de dezembro de 2010

SOEDADES COMPARTIDAS

M.M.

...non son soedades. Soedade na distancia. Soedade nun concerto abarrotado de soedades. Soedade e felicidade? Soedade nos meus pensamentos, que non son quen de compartir. Soedade.... contigo. Soedade....conmigo. Soedade escollida. Soedade fodida. Soedade... sen ti. Soedade, outra vez de visita? Soedade cobarde. Soedade sinceira... ou mentireira. Ríome con ela e téñolle medo porque non me libro dela. Soedade tras fuxida en compañía. Soedade non querida: vaite, fuxe, lisca! Soedade rastreadora dos cheiros da tristeza. Soedade en reflexión. Soedade que te afunde. Soedade en pequenos grolos moooooi espaciados=enerxía renovada. Soedade, depende cando, con quen, onde, por qué????...Soedade: epidemia mundial multifactorial, con medicamento efectivo coñecido non fácilmente accesible. Será un remedio compartila?

3 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

A soedade tenche moito de terapia, mentras non a convirtamos en medicamento!

Un bico compartido

Anônimo disse...

Gala, (Antonio, si) insistía en que a respecto de soedades, o austero idioma inglés era estrañamente máis rico, pois contempla dous termos ó efecto: solitude e lonelyness. O primeiro constrúe, o segundo... pois iso...

Magdalena Malungo disse...

Aproveitemos logo as solitudes como terapia e fuxamos das lonelyness disfrazadas de medicamento. Biccoss!