15 de abril de 2011

QUERO POESÍA:

M.M

      • que suque os meus ollos cegos, na infelicidade dos amores
      • que envelene os meus beizos murchos, na orfandade dos estériles
      • que lama as miñas orellas prontas, no susurro dos amantes
      • que arrole o meu peito inquedo, no anhelo das entrañas
      • que sacie o meu ventre aberto, na agonía dos infernos
      • que acariñe o meu sexo inchado, na soedade dos praceres

    5 comentários:

    Bolboreteira disse...

    Fermoso!
    Gustoume moito
    biquiños

    Paz Zeltia disse...

    A poesía imprescindible na nosa vida.
    Unha das descubertas máis apreciadas.

    Chousa da Alcandra disse...

    Menos mal que o dis en poesía, que senón calquera diría que o que queres é...voar sin ás!!! ;-)

    Bicos en prosapoética

    Magdalena Malungo disse...

    A poesía me da ás!! :-))
    Moito obrigada! Bicos!

    Maribel-bel disse...

    Que nos encha tanto..que o corpo doa. Que non envalente fronte o día a día tan costoso e sobre todo que nos poña os ollos máis fermosos e ledos. Gustoume moito esta entrada túa. Un saúdo