Farta de ti
da espera
do non: te quero
Quérote todo
e todo me falta
e fáltame a vida
A vida que pasa
o tempo que escapa
na túa procura
Procura na noite
chegas no soñar
marchas ao despertar
Desperto no dia
camiño na rutina
e todo me aburre
Aburrida de ti
aburrida de min
e berro pra min
Berro preguntas
vomito as respostas
non quero entendelas
Entendo de ti
porque te quero
porque no fin: quéresme
4 comentários:
Ía votar, pero de psí psá a wuaaaauuuuu non hai nada polo medio?
:D
Entre un aprobado e un sobresaínte, haberá un notable polo medio!
ejem, xa estou eu facendo correccións!, e que teño vocación de profe.
a foto é de blade runner?
Aisss! O amor sempre tan complicado!
Fermoso versos é fácil identificarse co que transmiten.
Bicoss!
Hola! grazas polo comentario, é xenial o teu Blog. Quería apuntarme coma seguidora pero non tes esa opcion, ou eu non a atopo.De todolos xeitos, seguireite. UN saúdo!
Sí é de Blade Runner, unha das miñas pelis preferidas
Bicos ás tres no día das mulleres!
Postar um comentário