31 de março de 2011

EN CAMIÑO... A ILUSIÓN VAI POR DIANTE!

Non acougas! E cómo vas facelo se ainda non sabes que é o que te vai facer máis feliz? Máis feliz?, qué afortunada!! Aaaiii, non empeces co rollo flaxelante de que es unha muller afortunada. É qué?, non es culpable de nacer onde naciches. Ise é o problema... Cómo convivir cunha mesma, cómo dicirlle que non a Magdalena... Máis si ela faite feliz, ou máis feliz? ainda non estás segura. Pero cómo convivir co que viviches, como tragalo sin que o eructes de continuo. Angola, Etiopía, Haití... Estiveches alí... Non podes pechar os ollos e facer cómo si non existiran, como si todas as experiencias vividas fóran só un  soño. Son xente, coma ti, existen, e sufren... Canta inxustiza, canta raiba, canta impotencia!! Cómo non vas intentar facer algo? Ainda que algúns digan que non serve, menos é a nada. O silencio mata. O silencio faite cómplice. Os brazos cruzados tamén matan.. aos demáis... e a ti.

Así que hoxe Magdalena está feliz, sobretodo ilusionada. E pon as mellores galas. Hai tempo que ten añoranza da felicidade que lle produce unha mochila ás costas, na procura doutras xentes, outras paixases, outras culturas...Ten sede de aprender, de ver, de ulir, de sentir, aire novo que encha os pulmóns, calor no corpo, sorriso na alma. Sede de liberdade, de encherse coa pócima da calor humana, de sentirse útil, de gritar: eu quero outro mundo máis xusto! E sobretodo de actuar! De sair da madriguera quente que a adormece. Fuxir desta urna de cristal cada vez máis ficticia que nos montamos nesta parte do mundo, e que tanto fede a egoismo e a tristeza.

Polo de agora é só unha ilusión, con probabilidade de facerse realidade.

Fingers crossed!

25 de março de 2011

OLLAR DE FRONTE



Incertidume do destino
que se nega a descubrir
hacia onde dirixirme no camiño
Permíteme entón na espera
entre o humano e o mundano
encher o corazón con ilusión e bó viño
En fráxil momento me atopo
difícil elección,
si é que é miña

15 de março de 2011

QUE NON FALTE O SORRISO...

Damien Hirst

... aínda que sexa o dunha caveira incrustada de pílulas miragreiras.
Cal será a causa e cal o efecto? Pílula da felicidade? Sorriso terapéutico?
Nos tempos en que vivimos e cos últimos acontecementos precisamos de ambos remedios
para aguantar ou revivir? o sorriso do cadáver

8 de março de 2011

BRINDEMOS...

Virginia Palomeque

Por un reencontro e unha aperta infinita co meu corpo envolta en ti
Polo teu sorriso aberto, sinceiro e cómplice que te fai enrugar as fazulas
Polo movemento das túas cadeiras ao camiñar xunto as miñas
Por un "ti non podes estar sóa" no medio dun baile nas festas da aldea
Polo teu amor polas paisaxes abertas que levan lonxe a mirada
Por unha voda ficticia con amor verdadeiro nun castro que da ao mar
Por un "gústanme as túas superñacaritas"
Por un niño de amor ao carón dun lago, ti, eu, e as vacas 
Pola túa coraxe e a miña admiración na loita polo que crees
Por un ceo estrelado despois dunha treboada na cima da montaña
Por un "ódiote" facéndome o amor
Polo medo ás curuxas que respiran como humanos
Por comezar chorando en Oswiecim e rematar queréndonos nun tren alemán
Polo brilar nos teus ollos cando miras para min
Polos momentos de amor que nos fan sentir ao lembrar


4 de março de 2011

LONGA ESPERA


Farta de ti
da espera
do non: te quero

Quérote todo
e todo me falta
e fáltame a vida

A vida que pasa
o tempo que escapa
na túa procura

Procura na noite
chegas no soñar 
marchas ao despertar

Desperto no dia
camiño na rutina
e todo me aburre

Aburrida de ti
aburrida de min
e berro pra min

Berro preguntas
vomito as respostas
non quero entendelas

Entendo de ti
porque te quero
porque no fin: quéresme