30 de dezembro de 2012

CAMIÑO 2013



Imaxinación
louca realidade soñada
indecisión
pousar os beizos nunha fazula fría
despedida
limpar as bágoas co teu sorriso
enxugar enrugas
caer nun abismo e na metade tirar do parachute
erguerse, caer, erguerse, caer, erguerse

A liña da vida voltouse círculo
maréaste por veces pero non perdes a esperanza de que os momentos felices volten repetirse
noutro lugar, con distinta xente, outras historias,
ou tropezando unha e outra vez na mesma ilusión,
devorando sensacións
almas con sete vidas

Aférraste, forte, 
non hai ferida que doa máis que o medo, amigo da morte.

Alentas, camiño 2013.






29 de novembro de 2012

O PALLASO E A DOUTORA





Disque hai relacións que por complementarias crecen ben alimentadas
Disque hai amores que non paran de rir ou chorar ou ilusionar 
Ollas o meu sorriso
Sorrís á miña ollada
Adoro o teu naris colorado

Disque polo medio hai laidos non de enfermos
Disque hai quen chora pola mala escolla
Réprobos do corazón!
Afogados en babas medorentas!
Amantes da friaxe e os días grises!

Tedes razón, non houbo escolma.
Aínda non sei por qué a escolleu.



14 de setembro de 2012

XURDIR

http://leandrolamas.blogspot.com.es/

un pensamento
unha viaxe no tempo
anhelando o pasado
un recordo
un remorso
e si fora
non foi
culpable
por qué?

outra vez
presente repetido
medo
puto paralizante
a qué?

buscar a oportunidade
con honestidade
futuro
vento novo 
respirando, ilusións
non preguntes!


20 de agosto de 2012

1 de agosto de 2012

RELACIÓNS CASTRANTES....veraniegas


AS DOS AMANTES...
que constrúen cornamentas e só teñen medos
AS DAS AMIGAS...
que xogan a ferirse envexantes das mentiras construídas
AS DAS PARELLAS...
que se perderon o respeto naquel inverno... e seguen
AS DOS IRMÁNS...
que seguen enfadados e arrepentidos dese estado
A TÚA E A MIÑA...
que ainda non sei cómo definila... 

Dáme unha aperta, quéreme, bícame, faime cóxegas, regálame teu sorriso, FAINO FÁCIL
 (ou desaparece)



12 de junho de 2012

O PODER DUN SORRISO...

M.M.


Hai días en que tocaría chorar sen parar.... ou desexar ser náufraga nunha illa sen rastro humano... ou executar un acto violento antisistema.... De algunha maneira hai que expresar a raiba contra o que nos fire: chorar, fuxir, destruir...

Sería inútil e estúpido. Un alivio efímero? Finalmente un remorso...

Entón vexo o teu sorriso, e penso que aínda son moi afortunada.... Que quero loitar por velo cada día.

Que a raiba pódese transformar en ilusión, en ganas de construir. Que outro mundo é posible empezando por eu e o meu arredor, cada día.

... UTÓPICO?


21 de maio de 2012

ADICCIÓNS...


ÚLTIMAMENTE Á MELANCOLÍA... E NON ME DOU DESENGACHADO
Afúndeme no mar e entérrame na area, no máis escuro, con nove cadeas..
Non me zafo delas:

Cadea do desamor
Cadea da decepción
Cadea do aburrimento
Cadea da soidade
Cadea do infortunio
Cadea da vergoña
Cadea da covardía
Cadea do pesimismo
Cadea do medo



7 de maio de 2012

VACAS FRACAS E DEPRIMIDAS...

Javier Granados


QUE NIN GORDAS NIN TOLAS... NIN TAN SI QUERA ABURRIDAS... OGALLÁ!
Non estamos para alegrías, ainda que non hai que perder o sorriso (iso o último, non si?)
Intento convencerme que isto é un pesadelo do que imos a espertar un día destes, pero semella tan real...
que da moito medo.

É coma si xogaramos de porteiros de fútbol e xa non soubesemos como colocarnos para parar a morea de goles que nos están a meter. Xogamos os venres.

Onte chegou a Francia unha vaca Holande(sa) con ganas de producir leite en toda Europa. As vaquiñas da miña avoa devecen por coñecela!

24 de abril de 2012

FRESAS OU LARANXAS?


LARANXAS
Abrente ou por do sol? 
No mundo da melancolía decántaste pola ilusión
contradiccións que te definen
disfrazando versos de amor

FRESAS
Sexi ou erótico?
Sempre aprendendo da escritura dos teus beijos
 cancións que falan de ti
erizándome o desexo

No fondo, e ainda que semella complexo e/ou complicado
só son gañas de comervos/te

21 de março de 2012

PRIMAVEIRA, POESÍA E....



Voltei a soñar contigo, viaxei no tempo, atopeite
segreguei xugos amigdalares, gástricos e vulvares, adoreite
tragueinos todos e fun quen de dicirche que te quería
oportunidade non perdida, máis de novo piruleta....


....e eu quero: MOUSSE DE CHOCOLATE CON XEADO DE MANDARINA!

5 de fevereiro de 2012

POR TODAS PARTES...



Náuseas
remorsos
noxo, máis non por eles

SERemos nós

Pisarán-NÓS

24 de janeiro de 2012

SINDROME DA PIRULETA...



ou de amante humillada sobpor das túas gañas

8 de janeiro de 2012

DO NOT DISTURB!


alzheimer
serie tv
estado mental moi habitual en min
necesidade ou via de escape 
cura mental
desconexión

2 de janeiro de 2012

BO DÍA 2012!

M.M.M
Non quero empezar con non
non quero atender á razón da túa realidade
mundo que afumea

Si condicional tampouco serve
si fóra, si me atrevese, si aquel día...
volátilidade do verbo amar nos teus beizos

O tempo segue a ir ao mesmo ritmo
entón por qué aceleras
angustia do fin sen rematar, sen devorar

Puto egoísmo, puta necesidade inventada

EU quero un SI:

- a poder seguir elixindo o meu destino, iso sí é ser afortunada
- a compartir e enriquecerme abrindo moito os ollos, tanto por aprender
- a seguir arriscando e ganando.. ou perdendo, con intensidade
- a saborear e ter consciencia do que me pasa a diario, aprendendo a reflexionar
- a manter a esperanza, a forza e a enerxía, para loitar sen decaer
- a acariñar, apertar e bicar, cun amplo sorriso
- a querervos moito miña xente, no amencer de cada día