23 de fevereiro de 2011

CHICA SEXY



Si, xa, que vou...Qué pesada esta Magdalena! Collo folgos, respiración profunda.... Outra vez....
Síntome sexy, moi sexy. E alá vou!! Eiii.... Fingers crossed!

17 de fevereiro de 2011

O DESTINO



O querido ou odiado destino. Sempre que acontece algo nas nosas vidas votámoslle a culpa ao destino, sobretodo si non creemos nalgún deus. Claro está que Nós nunca a temos....Foi culpa do destino, se non estaba de ser foi por "algo", o destino así o quixo, o teu destino é outro, estamos en mans do destino, ou o destino está nas túas mans.... E si miramos as frases célebres atoparemos a múltiples personalidades opinando sobre o tema:

- "Apoderareime do meu destino agarrándoo polo pescozo. Non me dominará". L.V. Beethoven
- "A miudo atopamos o noso destino polos camiños que tomamos para evitalo". Jean de La Fontaine
- "Donos dos seus destinos son os homes. A culpa, querido Bruto, non está nas estrelas, sinón nos nosos vicios". W. Shakespeare
-.....

Pero qué é realmente o destino? A nosa vida está predestinada? A súa análise sería unha boa entrada para un blog, pero eu non o vou facer. É simplemente unha reflexión escrita:

Eu preferiría non creer no destino, creo que todo ten unha explicación, nada pasa por azar, sempre existe unha causa. Pero por qué esa causa acontece na miña vida e non na de outra/o?

E non hai resposta....ou si:  son cousas do...

7 de fevereiro de 2011

ABUR

Cámbiame o azul polo vermello, ou polo menos por un verde...


 A lapa esmorece, pouco a pouco, lenemente. E coma cobardes que somos deixámola finar... porque así semella máis doado para os dous, por só sufrir nós, porque non ía funcionar, porque non é o noso momento, porque non coincidimos en espazo e tempo. Porque somos de mundos moi diferentes. Por vergoña, por falta de convencemento. Porque queremos.


Se nos imos a arrepentir? Do que puido ser e xamáis será. Agardo que non, pero ao mellor sí.

Do que te querería , dos meus anhelos, das miñas ilusións, da raiba unha vez máis, unha vez máis e non sei se haberá máis, polo que non te dixen...

Do si realmente loitaría por ti. Sempre, sempre, sempre.... que ti apostaras por min.

E si, renunciaría. Porque hai moitas loitas neste mundo.

Todo o mundo di que é mellor así.

Deixémolo morrer, fagámoslle caso ao mundo, tan gris e tan aburrido. Prosigamos nesta noria...

Eu non, eu voume. Unha vez máis, fuxo de ti.... e de min... e deste mundo. Triste e decepcionada.

4 de fevereiro de 2011

NON SEXAS MEDUSA!!



Fría e protexéndose do que ouse tocala. A súa beleza só pode ser admirada ao lonxe. Sentirá dor o que a roce. Imaxínate apertala. É unha traidora? Mundo triste o da medusa. Naceu bela e ninguén pode bicala.