15 de março de 2011

QUE NON FALTE O SORRISO...

Damien Hirst

... aínda que sexa o dunha caveira incrustada de pílulas miragreiras.
Cal será a causa e cal o efecto? Pílula da felicidade? Sorriso terapéutico?
Nos tempos en que vivimos e cos últimos acontecementos precisamos de ambos remedios
para aguantar ou revivir? o sorriso do cadáver

6 comentários:

Bolboreteira disse...

Pois iso...que non falte o sorriso ainda que as veces é ben difícil esbozar un sorriso vendo o panorama.
De tódolos xeitos se nos fixamos sempre hai algún motivo polo que sorrir..é cuestión de saber mirar.
Biquiños!

Paz Zeltia disse...

terrible a xogada que me acaba de facer o subconsciente... eu neses carameliños de cores... vin VERMES!

Non sei se é polo tempo en que vivimos, ou se a infelicidade, o descontento, a frustración, a soedade existiu sempre... en todo caso, benvidas sexan as pilulas. O máis terrible é perder a vida sentindo que non vale a pena vivir.

Javier Muñiz disse...

Hola, bello blog,preciosas entradas,si te gusta la comunión entre palabras, la poesía,te invito al mio,será un placer,es,
http://ligerodeequipaje1875.blogspot.com/
gracias, buen día, besos cómplices...

Chousa da Alcandra disse...

Que nunca falte o sorriso. Xa ves que ese cráneo que se mantén a base de pílulas parece que ten unha cousa completamente saniña: vaia dentamia que ten, lamadrequeloparió!
A botella sempre medio chea (de viño, non de cicuta, carallo!)

Bicos

Raposo disse...

Por unha décima de segundo pensei que eran lacasitos.
Coidado coa sobredoses de barbitúricos!

Magdalena Malungo disse...

Lacasitos? vermes? JAJAJAJAJAAJ
Como di a miña avoa: sempre apretando os dentes! ainda que sexan postizos, e a poder ser sen pilulas...