17 de fevereiro de 2011

O DESTINO



O querido ou odiado destino. Sempre que acontece algo nas nosas vidas votámoslle a culpa ao destino, sobretodo si non creemos nalgún deus. Claro está que Nós nunca a temos....Foi culpa do destino, se non estaba de ser foi por "algo", o destino así o quixo, o teu destino é outro, estamos en mans do destino, ou o destino está nas túas mans.... E si miramos as frases célebres atoparemos a múltiples personalidades opinando sobre o tema:

- "Apoderareime do meu destino agarrándoo polo pescozo. Non me dominará". L.V. Beethoven
- "A miudo atopamos o noso destino polos camiños que tomamos para evitalo". Jean de La Fontaine
- "Donos dos seus destinos son os homes. A culpa, querido Bruto, non está nas estrelas, sinón nos nosos vicios". W. Shakespeare
-.....

Pero qué é realmente o destino? A nosa vida está predestinada? A súa análise sería unha boa entrada para un blog, pero eu non o vou facer. É simplemente unha reflexión escrita:

Eu preferiría non creer no destino, creo que todo ten unha explicación, nada pasa por azar, sempre existe unha causa. Pero por qué esa causa acontece na miña vida e non na de outra/o?

E non hai resposta....ou si:  son cousas do...

4 comentários:

Bolboreteira disse...

Eu non creo no destino..penso que nos memos son quenes coas nosas decisión etc,etc imos facendo o noso propio camiño paso a paso.
Tamén hai cousas que pasan que están fora do noso alcance que nos fan tambalear e sentir ese medo da falta de dominio sobre a nosas vidas.
Bicoss1

Anônimo disse...

Hai causas e hai azares. E hai unha canción de Silvio que se chama así: Causas y azares. ;)

Pasei ver a túa casiña.

Bo dia.

Magdalena Malungo disse...

Ao mellor a gracia desta vida está en deixarse levar polo destino, azar ou como queiramos chamalo...tentando encaixalo no noso camiño.

Paz Zeltia disse...

Non o crerías, pero despois de soltar un discurso longuísimo sobre o azar, as casualidades -entre elas a que te levou ó meu blog, ou a min ó teu- ao darlle a enviar,
voilà, dame unha mensaxe de erro!
oh my God, será que estaba predestinado a que tí nunca puideras lelo?
:D
Pois desta polo menos espero que me deixe dicirche que moitas grazas polas palabras de ánimo que me deixaches no blog,
e que se o azar ou a casualidade quere, axudándolle un pouquiño coa nosa vontade, volvereémonos ver!