7 de fevereiro de 2011

ABUR

Cámbiame o azul polo vermello, ou polo menos por un verde...


 A lapa esmorece, pouco a pouco, lenemente. E coma cobardes que somos deixámola finar... porque así semella máis doado para os dous, por só sufrir nós, porque non ía funcionar, porque non é o noso momento, porque non coincidimos en espazo e tempo. Porque somos de mundos moi diferentes. Por vergoña, por falta de convencemento. Porque queremos.


Se nos imos a arrepentir? Do que puido ser e xamáis será. Agardo que non, pero ao mellor sí.

Do que te querería , dos meus anhelos, das miñas ilusións, da raiba unha vez máis, unha vez máis e non sei se haberá máis, polo que non te dixen...

Do si realmente loitaría por ti. Sempre, sempre, sempre.... que ti apostaras por min.

E si, renunciaría. Porque hai moitas loitas neste mundo.

Todo o mundo di que é mellor así.

Deixémolo morrer, fagámoslle caso ao mundo, tan gris e tan aburrido. Prosigamos nesta noria...

Eu non, eu voume. Unha vez máis, fuxo de ti.... e de min... e deste mundo. Triste e decepcionada.

4 comentários:

Chousa da Alcandra disse...

Algunhas decepcións son a mecha de moitas ledicias.
Digo eu.

Bolboreteira disse...

Estou con Chousa os finais as veces son comenzos de algo diferente e tal vez mellor. Custa velo se hai dor...pero é bo telo presente.
Biquiños!

Maribel-bel disse...

Só sinto que se fique con tristeza, porque semella non haber feito o que dicta o corazón. Moita sorte no novo camiño, cheiño de cousas por descubrir.

Magdalena Malungo disse...

Pola ledicia de comenzar un novo camiño diferente, cheíño de cousas por descubrir! Obrigada, que diría Magdalena!