6 de julho de 2011

DAME UN...


Grande, pequeno, sonoro, silencioso, frio, quente, enxoito, sucoso, goloso, mollado, baballado, perfumado, glorioso, amoroso, delirante, enervante, enfeitizante, na fazula, na orella, no pezón, no pescozo, no embigo, nun lunar, polo ar ou nunha carta, en cada dedo (xa son 10) e deda (outros 10), no naris e con nariz, ou con lingua e boca abaixo, ou nesa zona (de abaixo).
Dame un... ou cen mil, un millón douscentos.. catrocentos cincuenta mil cinco centos vinteseis...
Extasiantes, vomitivos, espeluznantes, con aperta e aloumiño, violento e lento
Dame máis...

6 comentários:

Paz Zeltia disse...

aiiii, un bico... eses noxentos que dis tí non os quero!, pero devezo por un bico tépedo, humido, lento. [xa lle teño postos os beizos de quen o querería]

Deixoche aquí a célebre fotografía de Robert Doisneau que amosa a unha parella bicándose nunha rúa de París, en 1950.

(ela, Francoise Bornet, el, Jacques Carteaud, ambos estudantes de Arte Dramático Os nomes non se souberon ate 42 anos máis tarde. Díxoos o propio Dooisneau para desenmascarar a alguns que aseguraban ser os da foto.

Deixoche un enlace á foto da que falo (por se alguén non a coñece) e no post hai máis información desta foto que recabei de internet hai algún tempo

<a ref="http://zeltia.zoomblog.com/archivo/2008/08/08/el-beso.html>O beso do Hôtel de Ville</a>

Que a disfrutedes

Paz Zeltia disse...

a veeerrr, que fixen mal?

<a href="http://zeltia.zoomblog.com/archivo/2008/08/08/el-beso.html>O beso do Hôtel de Ville</a>

Paz Zeltia disse...

Nada, estou torpe, pois parece que nunca puxera un enlace antes!

veña, vai así ao bruto, para copiar e pegar na barra de direcccións.

sintoo (despois da literatura que lle botei!)

http://zeltia.zoomblog.com/archivo/2008/08/08/el-beso.html

Raposo disse...

Pides moitos, pero intentareino.

Magdalena Malungo disse...

Máis bicos!

Chousa da Alcandra disse...

Pídelos con moito xeito. Apúntome!