M.M. |
Esperto coa serea do porto
os barcos chegan ao peirao
gotas de luz debuxan a habitación escura
na cociña paliquean mai e madriña
ule a café e torradas, chían as gaivotas...
Acubillada, imaxino o traxín no peirao
as caixas cheas de peixes de ollos saltóns xelatinosos
o sorriso desa muller rematando en gargallada co chisco de ollos daquel home
en breve comezará o cantador de números...
Dun chimpo bótome da cama
estarrícome no balcón
xa o sol quenta as miñas fazulas
teño paz, teño ledicia, teño ilusión...
Comeza un día fermoso!
E AGORA TEÑO SAUDADES
DAQUELES ESTÍOS QUE NON VOLVERÁN
E TEÑO MEDO
DO ESTÍO QUE SEMELLA VIR...
E CHÍAN AS GAIVOTAS!
4 comentários:
Eu identifico o chío das gaivotas como se repetisen de xeito maquiavélico: PILAR-PILAR-PILAR-PILAR...
Se me chamase Pilar estaría acojonado (par varios motivos jajajaja).
[Ben sei que o comentario non vai ó xeito co teu magnífico despertar, pero...é o que saiu]
Un bico!
Acabo de despertar preto do mar..transportachesme alí.
fermoso!
biquiños!
vaia espertar tan magnífico: a mamá, as torradas, o trafego fóra... e ese magnífico estado de ánimo!
felicitacións (polo texto tamén :-) transmite estupendamente)
Qué saudades... de cando non había preocupacións e só pensabas en sentir e disfrutar!
Postar um comentário