Deixaches no meu corpo a túa presencia
verquendo o teu encanto nos meus ollos
que non se volverán nubrar de bágoas
porque non apodrecerá máis tempo
a nostalxia convertida en cadavre
e imos explorar a xeografía
do noso amor eterno correxíndoa
se te abres con dozura novamente
ó meu amor ausente e vixiante
aceptas que cho entregue
e logo vaste
camiño do futuro libremente
compartida coa túa propia vida
e amada para sempre.
4 comentários:
Parece mentira, ata agora mesmo non lera nada de Lois Pereiro e iso que nacemos os dous nas mesmas terras.
Fermoso!
bicos!
Sigamos lendo, pensando, expresando e -se é preciso- berrando en galego!
Un bico dende a Chousa
"non apodrecerá máis tempo
a nostalxia convertida en cadavre
"
Pero os versos finais son demoledores.
Doen.
Admiran.
A xenerosidade do amor.
E a grandeza.
Eu tamén descubrín a Lois Pereiro! Encantoume! En galego máis que nunca!
Postar um comentário