M.M. |
Mirábasme dende o lonxe,
todo o tempo.
Qué querías?
Con mirada relaxada,
e sorrías.
Eu algo procuraba, que non atopaba.
E choraba.
Ti sorrías,
non me axudabas.
Acaso non te necesitaba?
Ven a min amor!,
gritaba.
Ti coa man te despedías.
Espertei, espertaches.
Hai canto tempo, amor, que me deixaches?
2 comentários:
Fermoso versos Magdalena..tiven un soño parecido unha vez..seguro que ten algún significado.
Bicos a moreas!
Máis que falta de entendemento, falta de sensacións compartidas. É unha mágoa que non sorrírades os dous. Un bico
Postar um comentário