Carpe Diem |
Morriñenta do pasado. Medrosa e desexosa do futuro. Esqueces o presente.
No pasado atopas os recordos. Priorizar os bós, aprender dos erros, desasirse dos malos. Fuxir da melancolía paralizante.
No presente está o agora, xa!, que se me escapa. A angustia do conformismo (ou a min me angustia) e o aburrimento da rutina diaria, as veces tan gris e envolvente. A loita. O deleite sempre benvido e as veces, o sufrimento. Máis sempre é mellor o sufrimento presente que ser necios sufridores polo feito sen remedio, ou peor ainda, polo futuro... que a saber...
O futuro son os soños, as ilusións, os anhelos e a esperanza.
Eu para ser feliz faría un mix. Ti?
3 comentários:
Penso que tamén quedaría cun mix..pero sempre centrada en disfrutar o agora facendo que sexa o mellor posible (cousa as veces ben complicada)
biquiños!
Na mistura radica case sempre a esencia. Ponme unha de mix para min tamén, por favor!
Bicos con lucería de Nadal
Un mix de bicos pros 2!
Postar um comentário