Imaxinación
louca realidade soñada
indecisión
pousar os beizos nunha fazula fría
despedida
limpar as bágoas co teu sorriso
enxugar enrugas
caer nun abismo e na metade tirar do parachute
erguerse, caer, erguerse, caer, erguerse
A liña da vida voltouse círculo
maréaste por veces pero non perdes a esperanza de que os momentos felices volten repetirse
noutro lugar, con distinta xente, outras historias,
ou tropezando unha e outra vez na mesma ilusión,
devorando sensacións
almas con sete vidas
Aférraste, forte,
non hai ferida que doa máis que o medo, amigo da morte.
Alentas, camiño 2013.
2 comentários:
os momentos felices voltarán repetirse
noutro lugar, con distinta xente, outras historias.
:)
Que o ano novo que comenzou che traia moitos momentos felices.
Feliz 2013!!!
Postar um comentário