12 de junho de 2012

O PODER DUN SORRISO...

M.M.


Hai días en que tocaría chorar sen parar.... ou desexar ser náufraga nunha illa sen rastro humano... ou executar un acto violento antisistema.... De algunha maneira hai que expresar a raiba contra o que nos fire: chorar, fuxir, destruir...

Sería inútil e estúpido. Un alivio efímero? Finalmente un remorso...

Entón vexo o teu sorriso, e penso que aínda son moi afortunada.... Que quero loitar por velo cada día.

Que a raiba pódese transformar en ilusión, en ganas de construir. Que outro mundo é posible empezando por eu e o meu arredor, cada día.

... UTÓPICO?


Um comentário:

Paz Zeltia disse...

Eu tamén creo que a raiba se pode transformar en algo constructivo. Incluso que hai que sentila, que hai que estar enfermos ou moi queimados para non sentila.

Cando a semente de un posible mundo mellor medra dentro dun... e marabilloso sentila...
Pero fai falla renovar tanto a ilusión para alimentala que case sempre termina morrendo.
Pero sí, eu tamén sentín (e as veces inda o creo) que un mundo mellor é posible.
A lo menos, como tí dis: o mundo no que tí podes facer algo, no teu mundo.

alédame moito ler estas cousas.