13 de agosto de 2011

CONCIENCIA


Levo un cascavel que me lembra con cada aceno que a mal chamada humanidade é ignorante da súa historia porque se empeña en ser feliz no fracaso dunha sociedade manipulada polos tolos egoistas escravos da arrasadora ceguera consumista. Erramos de novo a cada paso porque olvidamos o pasado coa torpeza do avaro. Temos a conciencia adormecida que non quere despertar por medo ao descoñecido, cando é vello coñecido da memoria hibernada. Necios e covardes! Perdidos no peso das nosas conciencias culpabilizadoras... O monstro ten que morrer... Cómo?

5 comentários:

Xan disse...

O presente debe escribirse coa experiencia do pasado. Esquecemos de onde vimos, a loita constante por unha vida digna. Esquecemos quenes fomentan as inxustizas, adaptámonos ás necesidades que eles nos crean para enriquecerse e así paso a paso volvemos á escravitude.

Chousa da Alcandra disse...

Tranquila; como é tan monstruoso acabará por devorarse a sí mesmo. Nós solo temos que procurar estar algo afastados para non formar parte do espectáculo...
;-)

Magdalena Malungo disse...

Nestes intres penso que todo pode acontecer... non teño nin idea da deriva que imos tomar...

Paz Zeltia disse...

e como demos chegado aquí?

Magdalena Malungo disse...

Pola avaricia de algúns... Eses que manexan ao monstro...