24 de julho de 2011

MOLA...


Mola,
ese ambiente "bo rollito" dos festivais de verán.
A música tamén...
Pero molan máis os sorrisos e as facianas relaxadas
as olladas divertidas e tamén as perdidas
e as escondidas baixo gafas de sol cando é noite.
Os guiños dos namorados e os tiros de esguello que pretenden namorar.


Mola,
esa fauna festivalera que se mistura sen problemas.
 A música tamén..
Pero molan máis os looks rockeros, poperos e perro flautas
as nenas "ben" en minisaia gamberra
e os temidos "normais" que se poñen ate arriba.
As "pintas", o cheiro a petas e as patillas, que non pastillas e outras droghas.


Mola,
esa unión desmedida cando tocan bises.
E a música o que máis!
Ela é a culpable da ledicia que provoca o sentirse en liberdade
 cos brazos en alto, saltando e bailando compartindo a desvergoña
e olvidando os problemas do día.. e da vida.
E que rulen as cervexas!



3 comentários:

Paz Zeltia disse...

mola este post teu
mola a forma
e mola o que dis
(paréceme estar alí, en calquera de tantos que fun. contaxia)

Bolboreteira disse...

Si que mola si! Un dos maiores praceres que coñezo é disfrutar da música en directo.Todo o que se vive..describelo perfecto.
biquiños!

Magdalena Malungo disse...

Tías... Cómo molades! Bicoss