16 de janeiro de 2011

NA PISCINA


Unha pode estar desesperada agardando que algo aconteza, ou simplemente ir na súa procura.
Pode tirarse á piscina sen frotador, de cabeza, creendo saber nadar, e sen pensar xamais na opción de que ao mellor non hai auga.
Unha pode nadar e nadar e nadar e non atopar ren. Chegar á beira, descansar e ser simplemente feliz.
Tamén pode nadar sen xeito ate cansarse, agotarse, ir collendo cada vez  máis lastre e afundirse.
Algúns pensan que o mellor é nadar con estilo, polo menos gostas aos demáis, ainda que ti non te gostes.
Ou ser dos que sempren nadaron a rá, van máis amodo pero saboreando.
A braza chegarás o primeiro. E qué?
O caso e non dubidar máis, tirarse!

3 comentários:

Bolboreteira disse...

Todo é según o prisma que se use para mirar ...Pero eu son das que penso que sempre hai que intetalo todo, ir a por elo con estilo propio.
Bicos!

Paz Zeltia disse...

Fixome sorrir este post...
eu son moi afecionada a poñer este símil da piscina...

Magdalena Malungo disse...

Estoume mollando... Non se está mal...:-))