9 de setembro de 2010

MAGDALENA BERRA Á VIDA

Amunuiaie, amunuiaiee!! Amunuieeee!!!
Cantos e choros dun corpo negro achocolatado pola hemorraxia, nunha loita a vida ou morte.

A aldeia esperta e acode á chamada. Máis seremos máis fortes. Outra vez nos visita a morte.

A médica palpa as entrañas de Magdalena. É un aborto. Outro máis. Outra vida inacabada.

Magdalena é forte, canta e bátese a un ritmo acompasado e lento, para que non lle entre a morte. Para que o pao que atopou no camiño hacia o hospital de campaña esta vez non sexa signo de mal agoiro.

Amunuiaieeee, amunuiaaa!!

Non para de sangrar. Ten só 24 anos. É preciosa. É parte do futuro desta area vermella cada vez máis infértil.

Ela non. Ela salvarase. Non por azar, non porque o destino o quixo así. Por solidariedade, por amor, por entrega e xenerosidade. Do seu namorado que lle dará o seu sangue e a comida diaria. Do seu pobo, que nesta ocasión estivo e está. Pola atención médica que desta vez si serviu e foi posible.

Berrou e gañou.

2 comentários:

Ana Moreiras disse...

guaaaaaaa!!! hai que expresarse mentres esteamos vivos. Non deixes de facelo!!!
non sabía que escribiras tan bonito.
Eu seguireite!!

Magdalena Malungo disse...

Obrigada pelos ánimos.... Agora a seguir! E seguirte!