31 de dezembro de 2013
5 de dezembro de 2013
A PREGUIZA
![]() |
El hombre invisible. Dalí |
Viñeches como es ti, aos pouquiños, silenciosa
Inodora con efecto relaxante
Ninguén te invitara
Trouxechesme calma e por iso te quixen
ainda que foses pasiva, moi aburrida, por momentos agresiva
Baleiráchesme de dores profundas, sen violencia
Acostumeime, xa non choraba,
En realidade xa non sentía... Ren.
O meu corpo era un conxunto baleiro
O meu corpo era un conxunto baleiro
Rematei sendo invisible
8 de novembro de 2013
O SEU RUIDO
A miña nai gosta do sonido da chuva na uralita da cociña mentres durme
Eu corro polo pasillo escuro de moqueta verde que me separa do baño
Odio ir ao baño de noite, o medo non muda a súa cor
O ruido na uralita delata a forza do temporal
A miña nai está segura, eu ainda debo voltar a cama
Magdalena prepara os cubos para recoller a auga das primeiras chuvas
O vento zoa e na aldea saben que vai arreciar forte
A xente bule na procura dun resguardo
Empeza a chuva, arrolla, o canalón énchese e desborda
Os fillos de Magdalena danse nel un baño de ledicia
26 de setembro de 2013
CONTINÚA
![]() |
waynelevineimages |
A espera...
....dun Amor que xa rematou por tan desexado
Amor nos miolos, tan elaborado
A espera...
....tan longa como o teu fitar borroso, no abrente do día sen noite
Tan densa como o ar libre de fume; e cheo de lume xenital e outros fedores
Tan pesada que arrampla sóa coa rexión abisal do océano.
Repetida
Afógame sen consolo
Pero non me mata
21 de maio de 2013
8 de maio de 2013
13 de abril de 2013
AMOR OU NAMOR?
Qué tal con Luis? Cómo vos foi a terapia?
El nada. Decidín cambiar eu. Penso que:
Non estou namorada, pero formouse un cordón umbilical durante estes anos que me nutre de enerxía
É unha unión tan forte, que supera toda paixón esvaecida ao facer o amor.
Xa hai tempo que non sinto cóxegas no estómago pero é culto, amable, sinceiro e sigo ríndome cos seus chistes cando quedamos con amigos.
Últimamente está moi estresado, crispado, enfadado coas inxustizas do mundo... e con él mesmo por non facer nada ao respecto. Non é capaz de relaxarse e acabamos discutindo.
Logo penso que é sensible.
Adela, e iso non será o AMOR?
8 de março de 2013
26 de fevereiro de 2013
O IMPOSIBLE INCOMPRESIBLE
M.M.M
anhelo do teu corpo acariñando as teclas do portátil como se de tocar unha melodía se tratara
albiscando nos teus cabelos encarocolados o camiño a seguir sen se equivocar
agardando acendas a luz da ventá para imaxinarte querendo acompañarte
mentres a auga quente relaxa o meu corpo dorido
métome na túa mochila e comezo a viaxar contigo, ónde imos meu amor
marchaches deixando o arrecendo do teu corpo deitado xunto ao meu
sensacións de realidade tan efímeras como agradables
e a esperanza anguriosa dun voltarte a ver sen data
pensarte mentres durmes, acariñando as dedas dos teus pés mentres respiras en soños
aproveitando cada instante antes de voltar a perderte, meu amor
e xa non estás, toca imaxinarte outra vez
suplicando un para sempre sabéndoo imposible e incompresible
mentres a melodía do piano trata de calmar o amor que sinto
e a anguria do meu peito rómpese en bágoas,
agardándote de novo, meu amor
15 de janeiro de 2013
60 SEGUNDOS DE ÉXITO
![]() |
Michal Macku |
- Cánto dura un minuto?
- Da túa vida ou da miña?
Un pensamento que foise sen volta
Un sentimento infinito de nada
O silencio da túa mirada
- O minuto remata?
- Cun novo minuto
Un pensamento que foise sen volta
Un sentimento infinito de nada
O silencio da túa mirada
- E qué prefires?
- Que pare o tempo
Un pensamento que foise sen volta
Un sentimento infinito de nada
O silencio da túa mirada
- Iso vai suceder?
- No derradeiro minuto
8 de janeiro de 2013
Assinar:
Postagens (Atom)